Ananda Artesanía

Quen somos


A Nosa Empresa

Ananda Artesanía

Na nosa tenda Ananda Artesanía atopará unha selección dos nosos mellores ENCAIXES DE CAMARIÑAS, que son unhas auténticas obras de arte realizadas a man polas nosas palilleiras, seguindo a tradición ancestral e respectando os máis altos estándares de calidade. Conta unha das innumerables lendas sobre a orixe deste arte, que despois do naufraxio dun barco na “COSTA DA MORTE”, unha dama italiana salvada do naufraxio polos lugareños, ensinou o arte de palillar ás mulleres de Camariñas como agradecemento pola súa axuda e consolo. Este arte leva dende entón neste marabilloso lugar.

Desexamos que a nosa selección sexa do seu agrado, e informámoslle que todos os nosos produtos son personalizables por encargo, polo cal permanecemos á escoita das súas suxestións ou comentarios para a realización dos seus futuros proxectos.  

Ana Sandra Pasantes Brión


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Galicia Agader