Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Historia do encaixe | Lendas

Compartir:

Lendas

Unha antiga lenda fálanos dun mozo mariñeiro namorado dunha fermosa muller, pero eran tan pobres que non se podían casar. Un día, soñando fronte ó mar, apareceulle unha serea que se namorou del e invitouno a ir con ela, sen embargo, o mozo faloulle da súa namorada e do inconvinte que lles impedía estar xuntos. A serea, compadecéndose dos namorados, regaloulle unha fantástica caracola que cada vez que a súa moza a escoitaba inspirábaa a crear encaixes e esta llos daba a coñecer as súas veciñas.

Outra das lendas máis coñecidas con respecto á orixe dos encaixes en Galicia, dinos que un dos moitos barcos italianos que pasaban fronte ás costas de Camariñas, naufragou debido a unha forte oleaxe, sendo moi poucos os superviventes. En agradecemento á axuda prestada pola xente destas terras, que lle deron pousada e comida, unha dama italiana que viaxaba neste barco, ensinoulle o arte de palillar ás mulleres de Camariñas, desde onde se estendeu a toda a Costa galega.

Do que non cabe dúbida, lendas a parte, é que o intenso trasego comercial entre Italia e Flandes a finais da idade media, puido propiciar a orixe do encaixe no noso país, xa que os comerciantes italianos, ademais de vendernos o seus encaixes, deixaron modelos que as encaixeiras incorporaron ás súas prácticas artesanais. Estes comerciantes foron tamén os compradores destas labores moito antes de que as propias palilleiras se atrevesen a vendelo nas comarcas achegadas., segundo afirma Mario Gallego Rei, no seu estudio "Os encaixes" ( Vigo 1989).

Tampouco se pode esquecer a importancia que o Camiño de Santiago tivo para a introdución de variadísimos elementos culturais procedentes de toda Europa. Durante os séculos do seu apoxeo, reis, nobres e multitude anónima viaxaron a Santiago onde deixaban as súas ofrendas ó Aposlo, para, en moitos casos, continuar ata Muxía -localidade veciña de Camariñas e Fisterra, onde tras pasar polas comarcas de Bergantiños, Vimianzo e Corcubión alcanzaban o mítico Finisterrae.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader